martes, 24 de marzo de 2009

DÍA DO LIBRO


"En abril, lecturas mil."


Este mes celebramos dúas datas importantes: o día 2, Día do libro Infantil e Xuvenil, e o 23, Día do Libro.
Dende a biblioteca propoñemos un xogo que comeza o día 2 e remata o 23 deste mes ás 12:45. Polos corredores do centro, camiño da biblioteca, atoparás información. Haberá un premio para os tres primeiros acertantes.

miércoles, 18 de marzo de 2009

O vindeiro venres 27 de marzo con motivo do "Día da poesía" o alumnado de 2º ESO e 3º ESO A participarán na videoconferencia realizada entre os tres IES da Estrada, coa colaboración técnica do Centro Multimedia de Galicia, e na que se lerán diversas poesías conmemorativas. Será na Biblioteca do centro.
"Poesía estradense con voz de muller"

O vindeiro venres 27 de marzo haberá unha conferencia a cargo de Antía Otero e Mª Soutelo Vázquez que falarán sobre os seus libros de poesía, "O son da xordeira" e "Código poético" respectivamente. Será ás dúas últimas horas en Usos Múltiples para o alumnado de 4º ESO.

miércoles, 4 de marzo de 2009

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Lecturas.



ALEIXANDRE, Marilar: A Cabeza de Medusa.

Relata a violación de dúas rapazas estudantes de bacharelato. Ambas afrontan esta humillación como mellor poden, pero o máis difícil é enfrontarse ao seu entorno: pais, familia, policía, avogados, compañeiros de clase e de instituto, médicos, mestres, amigos e familia dos violadores.




ELLIS, Deborah: El pan de la guerra.

Retrata a vida no Afganistán dos talibáns, a través da vida cotiá dunha nena e a súa familia que se ven obrigados a cambiar a súa forma de vida pro-occidental.
Trata de: Intolerancia - Islamismo - Dereitos humanos - Islam - Países - Relixións - Traballo - Dereitos da muller - Afganistán.